miércoles, 27 de junio de 2012

Chegou o verán

Comezan as vacacións, e para moitos/as de vós en setembro unha nova etapa noutro centro, despois dun ano no que traballastes para acadar con éxito os obxectivos que se vos plantearon; por isto é importante que aproveitedes este tempo de lecer que agora comeza para non descoidar as aprendizaxes adquiridas e nalgúns casos afianzalas para comezar o novo curso con maiores garantías de éxito, todo isto sen olvidar a práctica de actividade física.
Para min foi un placer darvos clase durante este curso e quero desexarvos unhas felices vacacións.
Ata sempre!!!

martes, 5 de junio de 2012

Os xogos dos nosos avós/as

 Ola de novo, esta vez falaremos dos xogos populares e tradicionais; coma xa sabedes o xogo forma parte fundamental das nosas vidas, tanto cando somos pequenos coma cando xa somos maiores, de todos os xeitos non hai que confundir os xogos cos deportes, aínda que moitos dos deportes actuais comezaron sendo xogos. Xogamos para divertirnos e esa debe ser a súa primeira finalidade.

miércoles, 18 de abril de 2012

De 3 en 3

Ola a todos/as, xa que estamos na unidade didáctica de baloncesto trataremos de poñer un pouco de información relacionada con este deporte olímpico e que tantos exitos a nivel de selección e profesional está dando ao deporte español.
É un deporte de equipo, e polo tanto tratamos de conseguir un obxectivo común, neste caso conseguir encestar e na fase de defensa que non nolas metan. É de orixe norteamericana, o seu creador foi J. Naismith coa intención de que se puidera practicar un deporte no ximnasio durante o inverno. O baloncesto é un deporte olímpico.

miércoles, 14 de marzo de 2012

lunes, 5 de marzo de 2012

miércoles, 29 de febrero de 2012

Eu digo:... salta comigo


Seguindo co atletismo abordamos hoxe os saltos. Saltar é unha habilidade motriz básica, xa que desde moi pequenos utilizamos os saltos para salvar charcos, baixar dunha altura, cruzar un regato, ou simplemente por diversión; en atletismo os deportistas tratan de chegar o máis alto ou o máis lonxe posible, mellorando a súa coordinación, velocidade, forza, ... a través do esforzo nos adestramentos.
Xa comentamos en clase que existen dous tipos de saltos, os horizontais e os verticais.
Nos saltos horizontais tratamos de chegar o máis lonxe que poidamos, e dentro destes hai dúas especialidades atléticas coma son:

Mini-Atletismo 6ºC

Resultados das probas de atletismo do grupo 6ºC

 

Noraboa a todas e todos.