miércoles, 14 de diciembre de 2011

Somos ximnastas



Ola a todas/os, nesta unidade estamos traballando as habilidades ximnásticas coma son os xiros, os equilibrios e os saltos, tamén quería presentarvos o acrosport, que é un deporte que se caracteriza pola construción de figuras e pirámides, que requiren forza flexibilidade e equlibrio, por realizar acrobacias no chan, nas transicións dunhas figuras/pirámides a outras, e por utilizar música, que acompaña ao compoñente coreografíco e lle da expresividade á actuación. POlo tanto o acrosport é un deporte acrobático realizado cun compañeiro/a ou en grupo, no que se poden combinar as pirámides humanas, as acrobacias e os elementos coreográficos.

domingo, 6 de noviembre de 2011

Somos resistentes, flexibles, fortes e veloces

Nestas sesións estamos a traballar as capacidades físicas básicas, que son a resistencia, a flexibilidade, a forza e a velocidade, estas cualidades e o seu traballo van a determinar, entre outras cualidades, a condición física dunha persoa.



domingo, 16 de octubre de 2011

A importancia de quecer antes do exercicio físico

Moitas veces cando facemos actividade física comezamos sen máis, sacamos un pouco de roupa e comezamos a xogar ao fútbol, ao baloncesto, ou simplemente a correr. Imos ver a importancia que ten un quecemento e como se pode facer.

domingo, 2 de octubre de 2011

¿Sei tomar as pulsacións?

O corazón é a bomba que envía o sangue aos pulmóns para que se cargue de osíxeno, ademais encárgase de distribuir o sangue osixenado a todo o corpo, especialmente aos músculos. Cando practicas algún deporte os teus músculos consumen moito máis osíxeno e enerxía do normal, esto fai que aumente a respiración e se incrementen as pulsacións do corazón.

jueves, 22 de septiembre de 2011

Exemplos de xogos cooperativos

Nestes vídeos podedes ver algún xogo cooperativo:



Xogos cooperativos

Ola a todos/as, nesta tarefa teredes que escribir a diferencia entre un xogo cooperativo e un de oposición, tedes de prazo ata o venres 2 de decembro, lembrádevos de facer a tarefa coma un comentario e seguindo as instrucións que tedes no blog. Saúdos.

domingo, 11 de septiembre de 2011

Benvida

Ola a todos/as, este será o blog de Educación Física para os alumnos/as de 1º ciclo e de sexto de Educación Primaria do CEIP Eusebio da Guarda. Nel mostrarémosvos información relacionada coa Educación Física, os deportes, hábitos saudables e moitas máis cousas, tamén utilizarémolo para completar o traballo que facemos en clase. Non será necesario que teñades unha conta específica de correo electrónico, simplemente, para comentar deberedes seguir as instrucións que aparecen na parte esquerda do blog, deberedes agardar a que estes comentarios sexan supervisados, para manter o carácter educativo deste blog, e logo serán publicados.

Queremos darvos a benvida e agardamos que durante o curso este sexa un punto de encontro onde podamos seguir coa nosa aprendizaxe.