miércoles, 18 de abril de 2012

De 3 en 3

Ola a todos/as, xa que estamos na unidade didáctica de baloncesto trataremos de poñer un pouco de información relacionada con este deporte olímpico e que tantos exitos a nivel de selección e profesional está dando ao deporte español.
É un deporte de equipo, e polo tanto tratamos de conseguir un obxectivo común, neste caso conseguir encestar e na fase de defensa que non nolas metan. É de orixe norteamericana, o seu creador foi J. Naismith coa intención de que se puidera practicar un deporte no ximnasio durante o inverno. O baloncesto é un deporte olímpico.
O xogo dispútase en 4 cuartos de 10' cada un, no que dous equipos, con 5 xogadores/as en pista cada un, tratan de obter máis puntos que o contrario. A forma de acadar puntos é introducir a pelota dentro da canastra do equipo contrario existindo a posibilidade de obter 1 punto (tiro libre tras persoal), 2 puntos ou 3 puntos (lanzamento máis aló da liña de 6,75m.).
O regulamento establece difenrentes viloacións e faltas, coma:
  • 3 segundos: referida á posición dos xogadores/as na pista.
  • 5 segundos: referido ao tempo que se pode ter o balón nas mans sen lanzar, botar ou pasar.
  • 24 segundos: tempo máximo de posesión.
  • 8 segundos: tempo que se ten para pasar ao campo contrario.
  • Pasos: dar máis de dous pasos sen botar, ou cando se recibe un pase mover os dous pés sen botar.
  • Dobres: parar de botar e volver a facelo sen que ninguén toque a pelota.
  • Campo atrás: depois de pasar a campo contrario que o balón volva a botar no noso campo.
  • Fora: cando a pelota bota fora do campo ou o xogador en posesión da pelota pisa fora do campo.
  • Falta persoal: os xogadores/as so poderán cometer 5 persoales, tras as cales serán eliminados/as do partido, non poderán volver a participar.
  • Falta técnica
Existen competicións profesionais coma a ACB en España ou a NBA en Estados Unidos. En coruña coma club de referencia está o Basquet Coruña en categoría masculina, militando esta temporada na LEB plata e o Club Maristas Coruña que milita na 1ª división femenina.
Para a iniciación ao baloncesto existe unha modificación do balón e do campo e número de xogadores/as que é 3x3, é dicir xóganse partidos de 3 xogadores/as contra outros 3.
 Os fundamentos técnicos fundamentales en baloncesto son os seguintes:
  • O bote: de protección ou de velocidade.
  • O pase: pase de peito, por enriba da cabeza, de béisbol, de man a man.
  • O tiro ou lanzamento: tiro libre, lanzamento en suspensión, en bandeixa, entrada a canastra ou mate.
Os xogadores/as en baloncesto teñen postos con diferentes funcións, así temos:
  • O base: que é o encargado da dirección do xogo do equipo. Soe ter gran dominio da pelota e capacidade de organización.
  • O escolta: axuda a subir a pelota ao base, e combina as suas acción coas do propio base e o aleiro.
  • O Aleiro: soe ser o responsable de anotar desde media ou longa distancia, soe ser un gran lanzador.
  • O ala-pivot: xogador/a alto que pode xogar tanto de espaldas a canastra coma de cara e naotar a unha distancia intermedia.
  • O pivot: xogador/a alto encargado de rebotear e de lanzar en posicións próximas ao aro.
Aínda que estas posicións están determinadas, os xogadores/as son cada vez máis versátiles  e pódese ver pivots con gran manexo de balón subindo a pelota ou lanzando desde zona sde tres puntos e bases saltando e conseguindo o rebote fronte a outros máis altos.
Aquí podedes ver unha presentación onde se resume a historia, regulamento e accións técnicas do baloncesto:

Aquí deixovos algún vídeo sobre as accións técnicas:
 Bote e pase
Lanzamento
Tamén podedes xogar na rede para ver canto sabedes do baloncesto:


2 comentarios:

  1. CAMPO ATRAS- La regla de campo atras consiste en que una vez pasado el balon al otro campo este no puede volver a llevarla a su campo.
    DOBLES- La regala de dobles consiste en que una vez que tengas la pelota en las manos no la puedes botar y volver a cogerla con las manos cuando la tienes en las manos tienes que pasarla o tirar a canasta.
    PASOS- La regla de pasos consiste en que si tu tienes el balon en las manos no puedes hacer mas de pasos sin botar.
    5 SEGUNDOS- La regla de 5 segundos consiste que si tu tienes el balon en las manos mas de 5 segundos el balon es para el equipo contrario.
    8 SEGUNDOS- La regla de 8 segundos consiste en que una vez que tengas el balon en tucampo como maximo tienes que pasar el balon al otro cmpo como maximo en 8 segundos.
    24 SEGUNDOS- La regla de 24segundos consiste en en que una vez que tines el balon como maximo tienes que tardar 24 segundos en tirar a canasta.
    CREO QUE ESTO ES SUFICIENTE PARA LAS NORMAS BASICAS DEL BALONCESTO.
    GUILLE CAMARERO

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Guillermo, si con iso é suficiente, so era necesaria unha, bo traballo, saúdos.

      Eliminar