miércoles, 27 de junio de 2012

Chegou o verán

Comezan as vacacións, e para moitos/as de vós en setembro unha nova etapa noutro centro, despois dun ano no que traballastes para acadar con éxito os obxectivos que se vos plantearon; por isto é importante que aproveitedes este tempo de lecer que agora comeza para non descoidar as aprendizaxes adquiridas e nalgúns casos afianzalas para comezar o novo curso con maiores garantías de éxito, todo isto sen olvidar a práctica de actividade física.
Para min foi un placer darvos clase durante este curso e quero desexarvos unhas felices vacacións.
Ata sempre!!!

martes, 5 de junio de 2012

Os xogos dos nosos avós/as

 Ola de novo, esta vez falaremos dos xogos populares e tradicionais; coma xa sabedes o xogo forma parte fundamental das nosas vidas, tanto cando somos pequenos coma cando xa somos maiores, de todos os xeitos non hai que confundir os xogos cos deportes, aínda que moitos dos deportes actuais comezaron sendo xogos. Xogamos para divertirnos e esa debe ser a súa primeira finalidade.