martes, 5 de junio de 2012

Os xogos dos nosos avós/as

 Ola de novo, esta vez falaremos dos xogos populares e tradicionais; coma xa sabedes o xogo forma parte fundamental das nosas vidas, tanto cando somos pequenos coma cando xa somos maiores, de todos os xeitos non hai que confundir os xogos cos deportes, aínda que moitos dos deportes actuais comezaron sendo xogos. Xogamos para divertirnos e esa debe ser a súa primeira finalidade.


Os xogos populares e tradicionais son aqueles que se transmitiron de xeración en xeración, que xurdiron da cultura popular e que perviven grazas a súa práctica, e que poden variar en canto ao seu nome e a variantes na práctica dependendo da zona ou territorio no que se practique, aínda que a esencia do xogo sexa a mesma. O xogo está presente en todos os continentes, en todas as razas e culturas, ás veces nacen cun compoñente utilitario, é dicir creábanse para practicar a puntería para mellorala cando despois había que ir de caza, e outras coma ocupación do tempo de lecer.

Anos atrás era moi habitual ver as prazas e rúas das cidades e pobos ocupadas por nenos xogando, ás veces con pelotas, pero tamén o escondite, a diferentes xogos de pilla, a xogos de punterías, ás canicas, entre outros, tamén lembramos que existían diferentes épocas para determinados xogos e que coma agora cando se poñía de moda un xogo non se paraba de xogar a el. Esto co paso dos anos e co crecemento da utilización da tecnoloxía e con cambios sociais e culturais se foi perdendo e agora quizais priman máis os deportes e a práctica regulada fronte ao pracer de xogar.
Crendo na importancia da transmisión desta forma ultural que é o xogo gostaríame proporvos que lle preguntedes aos vosos avós/as, pais/nais ou calquer outro familiar ou persoa maior que coñezades a que xogaban eles cando tiñan a vosa idade, coma se divertían e coma pasaban o tempo de lecer, se vos apetece podedes compartilos escribindoos no blog, ou tamén traelos escritos a clase para que poidamos xogar no colexio todos/as. Se o sabedes escribide o nome do xogo e describide como se xogaba.

Aportamos o primeiro que é un xogo que se chama o "Gua"  e que se xoga con canicas e consiste en facer un burato na terra e tirando por turnos, diferentes xogadores/as deben tentar meter a canica dentro deste burato, tamén pódese optar por tirar a dar á canica doutro xogador/a para alonxala. Gañará o que meta a canica no "gua" de primeiro.

Aos que vos interese deixovos algunha direccións web onde podedes obter máis información sobre os xogos populares e tradicionais e nesta presentacion tedes unha recopilación de xogos tradicionais elaborada pola Al Alba:




No hay comentarios:

Publicar un comentario