miércoles, 29 de febrero de 2012

Eu digo:... salta comigo


Seguindo co atletismo abordamos hoxe os saltos. Saltar é unha habilidade motriz básica, xa que desde moi pequenos utilizamos os saltos para salvar charcos, baixar dunha altura, cruzar un regato, ou simplemente por diversión; en atletismo os deportistas tratan de chegar o máis alto ou o máis lonxe posible, mellorando a súa coordinación, velocidade, forza, ... a través do esforzo nos adestramentos.
Xa comentamos en clase que existen dous tipos de saltos, os horizontais e os verticais.
Nos saltos horizontais tratamos de chegar o máis lonxe que poidamos, e dentro destes hai dúas especialidades atléticas coma son:

Mini-Atletismo 6ºC

Resultados das probas de atletismo do grupo 6ºC

 

Noraboa a todas e todos.

jueves, 16 de febrero de 2012

¡Máis froita e menos chuches!


A obesidade era desde sempre un problema asociado a persoas adultas, pero nos últimos anos o exceso de peso na idade infantil está sendo obxecto de estudo e de preocupación por parte de diferentes organismos nacionais e internacionais que se ocupan do desenvolvemento dos nenos e nenas, e que alertan dunha maior incidencia desta "pandemia", no mundo occidental en xeral e en España en particular. A OMS (Organización Mundial para a Saúde) estableceu durante o ano 2011 que a obesidade acadara niveis de epidemia a nivel mundial, desde a década dos 90 a obesidade infantil duplicouse tanto en Europa coma en Estados Unidos; España convertíuse no país da UE con maior  número de nenos/as con problemas de sobrepeso.

miércoles, 15 de febrero de 2012

¿A que non me pillas?

Nesta unidade didáctica somos atletas estamos a descubrir o deporte do atletismo. A modo de introducción aclarar que é un deporte individual e que podemos diferenciar dentro del varias disciplinas coma son as carreiras, os saltos e os lanzamentos.
Comezamos coas carreiras e a grandes rasgos podemos diferenciar entre: