domingo, 2 de octubre de 2011

¿Sei tomar as pulsacións?

O corazón é a bomba que envía o sangue aos pulmóns para que se cargue de osíxeno, ademais encárgase de distribuir o sangue osixenado a todo o corpo, especialmente aos músculos. Cando practicas algún deporte os teus músculos consumen moito máis osíxeno e enerxía do normal, esto fai que aumente a respiración e se incrementen as pulsacións do corazón.

O corazón tamén é un músculo, se practicas algún deporte de forma continuada farase máis grande e forte; desta forma poderá enviar en cada pulsación máis cantidade de sangue.
Cando facemos exercicio físico o noso corpo experimenta entre outras modificacións:
- Os latidos do corazón son máis rápidos.
- A respiración é máis intensa e máis rápida.
- A temperatura do corpo aumenta e comezamos a sudar.
¿Onde podemos coñecer as nosas pulsacións? No cuello detrás da "noz" ou no pulso e sempre cos dedos índice e anular, nunca co pulgar e,
¿Durante canto tempo?
- 1 minuto,
- 15 segundos multiplicando por catro o resultado,
- 10 segundos multiplicando o resultado por 6, ou
- 6 segundos multiplicando o resultado por 10.



No hay comentarios:

Publicar un comentario