domingo, 16 de octubre de 2011

A importancia de quecer antes do exercicio físico

Moitas veces cando facemos actividade física comezamos sen máis, sacamos un pouco de roupa e comezamos a xogar ao fútbol, ao baloncesto, ou simplemente a correr. Imos ver a importancia que ten un quecemento e como se pode facer.

Ten dous obxectivos principalmente:
  • Axudar a previr lesións (hai algúns estudios que cuestionan a validez dos estiramentos previos) e,
  • preparar física, fisiolóxica e psicoloxicamente para o comezo dunha actividade física distinta da normal.
Podemos comprobar os efectos dun quecemento no aumento da frecuencia cardíaca, da respiración, e favorecer a extensibilidade dos músculos, entre outras.
A secuencia sería:
  • unha carreira breve, para elevar pulsacións.
  • Exercicios de mobilidade articular e flexibilidade
  • Exercicios xerais.
Se vos interesa podedes ter máis información nestes vídeos:









No hay comentarios:

Publicar un comentario