domingo, 6 de noviembre de 2011

Somos resistentes, flexibles, fortes e veloces

Nestas sesións estamos a traballar as capacidades físicas básicas, que son a resistencia, a flexibilidade, a forza e a velocidade, estas cualidades e o seu traballo van a determinar, entre outras cualidades, a condición física dunha persoa.





1. Resistencia: é a capacidade física que nos permite manter un esforzo eficazmente durante o maior tempo posible ou tamén segundo Castañer, M. e Camerino, O "a capacidade de soportar o estado de fatiga progresiva que sobrevén nun traballo de longa duración".
Hai dous tipos de resistencia, en función da duración do esforzo: aeróbica e anaeróbica.
Neste vídeo podedes ampliar información.



 2. Flexibilidade: é a capacidade para realizar movementos de grande amplitude, ou tamén segundo Álvarez del Villar "cualidade que, con base á movilidade articular e extensibilidade e elasticidade muscular, permite o máximo recorrido das articulacións en posicións diversas, podendo a persoa realizar accións que requiran grande axilidade e destreza".
Hai, dependendo do tipo de elongación, dous tipos: estática e dinámica; ou dependendo da forza que provoca esta elongación: activa e pasiva.
Neste vídeo podedes ampliar información.



3. Forza: é a capacidade dunha persoa para vencer ou soportar unha  resistencia. En relación co tipo de contracción pode ser isométrica ou isotónica (concéntrica e excéntrica), se a clasificamos en función da resistencia superada podemos obter forza máxima, forza velocidade e forza resistencia.
Neste vídeo podedes ampliar información.



4. Velocidade:  é a capacidade para realizar accións motoras nun mínimo tempo e cun máximo de eficacia. A clasificamos en tres tipos a velocidade de reacción, velocidade xestual e velocidade de desprazamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario