miércoles, 14 de diciembre de 2011

Somos ximnastas



Ola a todas/os, nesta unidade estamos traballando as habilidades ximnásticas coma son os xiros, os equilibrios e os saltos, tamén quería presentarvos o acrosport, que é un deporte que se caracteriza pola construción de figuras e pirámides, que requiren forza flexibilidade e equlibrio, por realizar acrobacias no chan, nas transicións dunhas figuras/pirámides a outras, e por utilizar música, que acompaña ao compoñente coreografíco e lle da expresividade á actuación. POlo tanto o acrosport é un deporte acrobático realizado cun compañeiro/a ou en grupo, no que se poden combinar as pirámides humanas, as acrobacias e os elementos coreográficos.

No acrosport existen 3 roles:
  • O portor: que constitúe a base estable, estática ou dinámica, nas figuras.
  • O áxil: persoa que culmina as figuras con volteos, posicións de equilibrio e/ou forza.
  • A axuda: persoa que axuda nas fases que o requiran e adoptar unha posición estética na postura final. Evitan accidentes e colaboran cos compañeiros/as
Un dos aspectos importantes no acrosport son as presas para a construcción das estructuras humanas, sendo estas utilizadas desde o principio ata o final da elaboración das mesmas, adoitando múltiples formas, facilitando a construcción e a seguridade delas. Poden ser man a man, man a pulso, man a onmbro, man a xeonllo, man a nocello e man a pé. Aquí tedes algunhas das máis utilizadas:


Estas son algunhas figuras que se poden facer e con diferente nivel de dificultade.


 Aquí tedes un vídeo dunha competición de acrosport e actividades de circo, onde veredes o que poden facer estes rapaces/zas:

Tamén hai competicións de acrosport, neste caso podedes ver vídeos do campionato do mundo:
 


Outra forma de expresión é a artística neste caso fusionándose coa danza e co espectáculo, no vídeo veredes unha actuación do Circo do Sol:

Agardo que vos guste e que vos axude a descubrir o acrosport.
¿Atrevédesvos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario