miércoles, 15 de febrero de 2012

¿A que non me pillas?

Nesta unidade didáctica somos atletas estamos a descubrir o deporte do atletismo. A modo de introducción aclarar que é un deporte individual e que podemos diferenciar dentro del varias disciplinas coma son as carreiras, os saltos e os lanzamentos.
Comezamos coas carreiras e a grandes rasgos podemos diferenciar entre:



Carreiras de velocidade: 100m. e 200m. e 110m. - 100m. (f) e 200 m. valas.
Carreiras de medio fondo: 400m. - 800m. - 1.500m. e 400m. valas.
Carreiras de fondo: 3.000m. (f) - 5.000m. - 10.000m. - marathon e 3.000m. obstáculos
Marcha atlética: 10km. (f) - 20km. - 50km.
Carreiras de relevos: 4x100m. e 4x400m.

Correr é unha actividade natural, non necesitamos de grandes inversións económicas nin en recursos, nin un equipamento sofisticado. Necesitamos correr en moitas situacións da vida diaria, coma por exemplo coller o bus que está apunto de sair, cruzar rápido unha rúa, entre outras, ademais de utilizar esta habilidade en numerosas actividades físicas e deportivas. do mesmo modo tamén prevén numerosas lesións ou afeccións e produce efectos saudables, sobretodo a nivel cardiorespiratorio.
Sabemos que ao tratarse dun deporte existe unha determinada técnica, non todo é valido á hora de correr, xa que unha mala técnica pode levar a que se produzan lesións nos músculos e articulacións especialmente.
Deste xeito temos quea técnica de carreira consiste narepetición duns movementos cíclicos que se denominan zancadas e que se subdividen en 4 fases: amortiguamento, sostén, impulsión e suspensión.
As pernas realizarán un  movemento circular, o tronco levará unha lixeira inclinación cara adiante, levando a cabeza coma prolongación do tronco e coa mirada nun punto lonxe de nós, os brazos equilibrarannos e coordinaranse coas extremidades inferiores.
Neste vídeo poderedes observar un análise da carreira resaltando as accións correctas e as incorrectas:

Aquí podedes observar as diferencias entre as carreiras de velocidade e as de fondo:
100m.


 Maratón
 Saúdos

No hay comentarios:

Publicar un comentario