jueves, 16 de febrero de 2012

¡Máis froita e menos chuches!


A obesidade era desde sempre un problema asociado a persoas adultas, pero nos últimos anos o exceso de peso na idade infantil está sendo obxecto de estudo e de preocupación por parte de diferentes organismos nacionais e internacionais que se ocupan do desenvolvemento dos nenos e nenas, e que alertan dunha maior incidencia desta "pandemia", no mundo occidental en xeral e en España en particular. A OMS (Organización Mundial para a Saúde) estableceu durante o ano 2011 que a obesidade acadara niveis de epidemia a nivel mundial, desde a década dos 90 a obesidade infantil duplicouse tanto en Europa coma en Estados Unidos; España convertíuse no país da UE con maior  número de nenos/as con problemas de sobrepeso.

Sabemos que algunha das causas que provocan esta tendencia son, entre outras:
  • O uso das novas tecnoloxías (videoxogos, televisión, internet, entre outras), que veñen de quitar tempo de ocio activo durante a infancia, o que denominamos sedentarismo infantil. Unha práctica deportiva regular, de xogos ao aire libre (parques, prazas, ...), excursións pola natureza promoven, ademais de diferentes habilidades e capacidades físicas, un elemento favorecedor do crecemento e da saúde.
  • Os cambios alimenticios, curiosamente os países que encabezan a lista en Europa son Italia, Malta e Grecia, que xunto con España teñen coma bandeira a dieta mediterránea, e que é alabada por ser unha das máis saudables; ¿que pasa entón? ¿seguimos esta dieta? que ten coma características ser rica en fibra (froitas, verduras, legumes e hortalizas), predominan as preparacións hervidas e asadas,  pouca carne vermella e máis peixes e aves de curral, teremos en conta a importancia do uso de produtos frescos. Ademais da cantidade de comida que inxerimos tamén hai que preocuparse polo consumo de graxas, azúcares e outros nutrintes que aportan exceso de calorías.
  • Outros factores poden ser metabólicos, fisiolóxicos, xenéticos ou sociais.
Este sobrepeso ou obesidade, nos casos extremos, pode teer consecuencias de carácter físico, psicolóxico ou psicomotrices, entre outras.
A Educación Física non é a solución máxica aos problemas co peso, pero desde ela pódese favorecer a adquisión de hábitos de vida saudables, informando e educando sobre os hábitos alimenticios saudables, e promovendo a práctica de actividade física desde a infancia, dando alternativas activas para o tempo de lecer dos nenos e nenas. Por eso debemos aproveitar esta etapa de Educación Primaria para concienciar e educar ao alumnado na actividade física coma fonte de saúde.
Por último deixámosvos uns enlaces onde ademais de aprender pode des xogar coa pirámide alimenticia e consultar o programa "El estirón" promovido por Antena3.



No hay comentarios:

Publicar un comentario